07/06/09

ARTE E PUBLICIDADE



A publicidade sérvese da arte, iso vémolo a miúdo na nosa contorna, ás veces con campañas moi controvertidas como a anterior. Dos moitos exemplos que se poden encontrar, recollemos uns poucos (outros recollidos en pinterest)

Velázquez, Miguel Anxo e Leonardo

publicidad


Picasso, Dalí, Magritte, Lichtenstein, Kanagawa

publicidad

Brueghel, Velázquez, Magritte, Andrea Pozzo, Degas
publicidad





Por suposto, todos os museos venden nas súas tendas produtos diversos con imaxes das obras dos seus fondos, así o Museo do Prado vende camisetas con esta imaxe, ¿sabes a quen pertence esta man?

Á dereita unha gravata do Museo Guggenheim de Nova York na que se emprega como tema de deseño a obra de Pollock



Tamén encontramos spots televisivos que se fundamentan na arte:


— ¿Cómo perdeu os brazos a Venus de Milo?


— Partindo de Escher (ilusións). Mira primeiro este vídeo sobre a súa obra



—  Referencia a Peter Callesen (arte en papel)

— Coa intervención do mesmo Theo Jansen (arte cinética).
Unha das súas primeiras obras foi o Rhinoceros, mira estes dous vídeos do seu traballo e logo a publicidade para BMW.

— Unha das campañas do Audi A-8 pon en relación a beleza do Audi coa da Catedral de Florencia utilizando como nexo o síndrome de Stendhal. Outra conecta o material de fabricación, aluminio, cos materiais das grandes obras artísticas do pasado.



— No caso do Citroen Xsara Picasso é un dos autómatas da cadea de montaxe o que, levado por un espírito creativo, quen pinta sobre a carrozaría un picasso.


— Campaña de Orange en Francia xogando coa Gioconda




A campaña do Lexus NX, recrea na cidade ambientes tomados de diversas obras de arte integradas na vida urbana.


Rematamos cunha parodia publicitaria (fibra e telefonía italiana, TIM)




Recentemente, Nestlé ven de renovar a súa imaxe de marca La lechera. ¿recordas a imaxe tradicional?
Agora, para renovar volven ó pasado, ¡si!, pois toman a imaxe da obra homónima de Vermeer de Delf, incluso no spot publicitario que vemos en televisión a historia que se conta está directamente relacionado coa obra do pintor. Fíxate cando o vexas, pero antes mira o cadro de Vermeer.








  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir