7 de xuño de 2009

ILUSIÓNS

As ilusións son enganos da vista que nos fan percibir a realidade de xeito erróneo. As clásicas e máis puras son as xeométricas (liñas que semellan de distinto tamaño, puntos que se moven), pero tamén están as figuras imposibles, as figuras ambiguas, as anamorfoses (recorda a obra Os Embaixadores de Holbein), os trampantollos, etc.
Podes pasar un bo rato revolvendo na páxina ilusionario, encontrarás todo tipo de ilusións, ben clasificadas e divertidas, incluso poderás aprender a crear as túas propias figuras ambiguas.

Vexamos aquí unhas poucas realizadas por recoñecidos artistas

Going Down Droste, obra de Josh Sommers

De Masters Of Deception, de Al Seckel





 




Cartel de Shigeo Fukuda
















Magritte: Violación.













 Arcimboldo: Primavera











Paul N. Grech: Beethoven













Istvan Orosz: logotipo.







Unha visión por metamorfose obra de Víctor Molev, artista de orixe ruso afincado en Canadá. É preciso ver os dous tamaños, fíxate os elementos que serven para construír a imaxe. Certamente recorda moito as composicións de Arcimboldo







No blog da biblioteca tes no apartado reláxate varios fíos para seguir curioseando.





0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir