30/01/2010

XERADORES DE SOMBRAS

 


Existen modos moi particulares de crear formas, xa recordas aquelo de facer coas mans a sombra dun  coello ou dun can. A mesma idea pero con materiais diversos utilizan algúsn artitas para xerar imaxes sorprendentes.

RASHAS ALAKBAROVÉ, un artista de Acerbaixán que, entre outras, nos amosa unhas intalacións baixo o título de Fly to Baku, con paisaxes e trazos da súa terra








SHIGEO FUKUDA (mira o vídeo) constrúe con pezas de cobertería, de escritorio ou outros materiais, en grandes cantidades e en aparente desorde, formas que só adquiren significación ó recibir luz e proxectar sombras. En realidade son verdadeiras ilusións e, noutros casos, anamorfoses e figuras imposibles.
Podes ver outros traballos nesta páxina.





FRED EERDEKENS, escultor belga que proxecta sobre as paredes frases ou palabras con elementos moi sinxelos como arames, para transmitir ideas e pensamentos.






Tim Noble and Sue Webster. Formas a partir de montañas de lixo ou de animais mortos. En realidade son os canóns de luz dirixida os que configuran as sombras sobre unha parede branca.



Para a cadea británica de grandes almacéns John Lewis, a mesma firma realizou estas montaxes para as felicitacións navideñas. A continuación tes un video da realización dunha destas obras.










0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir