10 de feb. de 2010

PREZOS DE MERCADO





Os máis caros vendidos en poxa pública ata o 2012



1. O verro, pintado polo noruegués Edvard Munch no 1895, vendido por 119,9 millóns de dólares. Sotheby's de Nova York, maio de 2012






Cun prezo de saída de 40 millóns de dólares, ós 12 minutos de saír á puxa foi comprado por 107 millóns de dólares, ós que se suma a comisión de Sotheby's.
É unha das catro versións realizadas por Munch e a única que ata agora permanecía en mans privadas. Esta era unha versión moi desexada porque tamén Munch fabricou o marco e porque na parte posterior escribiu un pooema no que relata a creación da obra.
O vendedor é Petter Olsen, fillo do armador noruegués Thomas Olsen, que foi amigo, veciño e mecenas de Munch.



2. Nu, follas verdes e busto, pintado por Pablo Picasso en 1932, vendido por 106,5 millóns de dólares. Christie's en Nova York, maio do 2010




Formaba parte da colección americana de Mrs. Sidney F. Brody, unha das máis prestixiosas do mundo en arte modernista
Trátase retrato da súa amante Marie Therese Walter e o mesmo pintor, a cabeza de perfil sobre o pedestal, que a contempla dende o alto.
Picasso con 51 anos e, por entón, casado coa bailarina Olga Khoklhova, mantiña unha relación con Marie Therese que comezara cando ela tiña só 17 anos. Pouco máis tempo estiveron xuntos, pois Picasso abandonouna para unirse á Dora Maar, quen, unha vez xuntos, fotografará todo o proceso de elaboración do Guernica.
Está exposta como préstamo na Tate Modern de Londres.



3. L'homme qui marche I, obra realizada por Alberto Giacometti no 1960, vendida por 104,3 millóns de dólares. Sotheby's Londres, febreiro de 2010






Trátase dun baleirado en bronce de 198 centímetros de altura, na que experimenta coa figura humana. Encargada para a Praza Chase Manhattan de Nueva York, como parte dun proxecto público que non chegou a rematar.
A peza era propiedade da colección do banco alemán CommerzbankAG quen destinará o diñeiro obtido ás súas fundación e a outros museos.






4. Garçon a la pipe, obra realizada por Pablo Picasso en 1905, vendida por 104,1 millóns de dólares. Sotheby's en Nueva York, maio de 2004


Foi o primeiro en superar a barreira dos 100 millóns de dólares e certos críticos de arte consideraron que tal prezo estaba máis en consonancia coa firma do lenzo que coa calidade do mesmo.
A obra pertence á etapa de xuventude, o artista contaba con 24 anos de idade, durante a denominada Etapa Rosa. Presenta sobre un fondo de verdes alaranxados, un adolescente vestido de azul, cunha coroa de flores vermellas e sostendo unha pipa na súa man esquerda
Propiedade do matrimonio Whitney, el fora embaixador dos EEUU en Gran Bretaña, quen a legara á Fundación Greentree, creada pola Sra Whitney.



5. Dora Maar au chat, lenzo pintado por Pablo Picasso en 1941, vendida por 95,2 millóns de dólares. Sotheby's en Nova York, maio de 2006





Picasso pinta a súa amante tocada cun dos seus característicos sombreiros, sentada nunha cadeira e cun pequeno gato sobre o respaldo. Foi ela quen fotografou o proceso de realización do gran lenzo do Guernica, converteuse no primeiro reportaxe gráfico moderno sobre unha obra plástica en construción.


6. Retrato do Dr Gachet, pintado por Vincent Van Gogh en 1890, vendida por 82, 5 millóns de dólares en 1890. Christie's de Nova York, maio de 1990



Hai dúas versións do retrato deste doutor que se ocupou de Van Gogh nos meses finais da súa vida. A primeira versión é a que acadou ese prezo tan alto.
O percorrido da obra foi longo. Vendida pola cuñada do pintor, pasou por diversas mans de particulares ata chegar a unha galería de Frankfurt. No 1933 coa chegada dos nazis ó poder, a obra ocultouse pero rematou por ser confiscada como exemplo da arte dexenerada. Goering vendeuna e comezou un novo cambio de posesións ata chegar a un coleccionista neoiorquino e finalmente no ano 1990 un rico comerciante xaponés adquiriuna na puxa de Christie's. Parece que tras da súa morte volveu ser vendida.



Xunto con estas ventas públicas, moitas obras son vendidas de xeito privado polo que non están claras as cifras pagadas en cada caso. Estes serían os cinco máis caros segundo os datos máis comunmente admitidos




Paul Cézanne, Xogadores de cartas, 1892-93 (unha das cinco versións)

Comprada polo emir de Qatar en 2012 por 250 millóns de dólares


















Jackson Pollock, Number 5, 1948

Vendida no 2006 por 140 millóns de dólares





























Willem de Kooning, Woman III, 1952-52
Vendida no 2006 por 137,5 millóns de dólares


















Gustav Klimt, Adele Bloch-Bauer I, 1907

Vendida no 2006 por 135 millóns de dólares














Andy Warhol, Eight Elvises, 1963


Vendido no 2009 por 100 millóns de dólares











0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir