Estamos acostumados a certos modelos arquitectónicos clásicos, por iso cando as arquitecturas saen deses canons rompendo os nosos esquemas mentais, sorpréndemonos. Por exemplo, esta casa da dereita (en Vals, Suíza), presenta unha perfecta adaptación o terreo ó se construír subterránea se ben todas as dependencias dan ó exterior
Hai unha moderna ou contemporánea arquitectura de grande calidade, con acertados e complexos deseños, pero hoxe vamos centrarnos en ver esas outras formas sorprendentes de vivendas, nalgúns casos poden facernos rir, noutros poden aterrorizarnos e noutros encantarnos. En todo caso, non nos deixan indiferentes.
Aquí vemos dous exemplos. A primeira sorprende pola sensación de inestabilidade, toda ela semella tremer. A segunda, hoxe en estado de abandono, foi construída a mediados do pasado século salvando un pequeno regato de xeito que a vivenda coma un ponte queda anclada nas dúas veiras. Recorda sen dúbida a Casa da Fervenza (EEUU), construída por Frank Lloyd Wright nos anos trinta.
Nesta presentación vemos outras orixinais propostas, ¡e realidades!
Doutra banda, encontramos edificios que se transmutan en formas figuradas, mira:
The Crooked House (Polonia) | |
Casa ponte no Mar de Plata
(Arxentina) |
Doutra banda, encontramos edificios que se transmutan en formas figuradas, mira: