29 de abr. de 2015

REVIVIR


Esta obra mestra do holadés Rembrandt, coñecida como A Rolda de noite se ben o seu título orixinal é moito máis longo:  A compañía militar do capitán Frans Banninck Cocq e o teniente Willem van Ruytenburgh.

Foi pintada no 1642 por encargo da Corporación dos Arcabuceiros de Amsterdam para colgar dos muros da súa sé. Pero cando o edificio foi destruído, o lenzo pasou á Casa dso Concello sendo recortado nos seus laterias e no alto (imaxe esquerda).
Trátase dun retrato colectivo da corporación, un doelen, un novo xénero moi demandado na Holanda barroca.

Hoxe a obra pode ser visitada no Rijksmuseum. No 2013, unha campaña deste museo para celebrar a reapertura, tras un tempo en obras,  baixo o lema Os nosos heroes retornan, levou a cabo este flashmode nun centro comercial. Unha verdadeira posta en escena que a modo dunha actuación teatral recrea unha escena do século XVIIoa persecución dun ladrón. A actuacion remata coa reprodución da composición do cadro de Rembrandt.



 
 
Unha proposta nesta liña de vivificar as obras de arte é a planteada por Julien Casabianca:  sacar as obras dos museos e levalas á rúa. Unha exclaustración para tomar aire.
Entendámonos!, non se trata de que se tome un lenzo con marco e todo e, segundo os gustos de cada quén, o colguemos pola cidade. Noooon.... acabaríamos no cárcere!
A idea de partida é dobre, por un lado que moita xente non visita nin visitou nunca un museo e por outra parte que aínda tendo visitado museos -grandes ou pequenos- hai moitas obras que pasan desapercibidas, que non paramos a contemplalas, en fin que non son as top pero que son noso patrimonio. Así que, fagamos unha foto dalgún personaxe da obra elixida, a imprimimos e a pegamos na rúa -con pegamento que se quite facilmente- elixindo lugares nos que tal acción se permita, lugares degradados, cheos de graffitis, edificios en ruínas,... .  aportando un novo e fermosos elementos á marxe da publicidade que nos invade.

Na súa páxina web están as instruccións, por exemplo “No cuelguen a Jesús, ni a María, ni a reyes ni a reinas", o objectivo é a xente do común que tamén están presentes na historia da arte. Unha acción liberadora do encerro no que se atopan, de aproximación ó viandante, de rescate do esquecemento e de curiosidade por saber máis desas personas pintadas.
O proxecto, Outings Project, lanzado en 2014 tivo notable éxito, extendeuse por moitas cidades e son bastantes os museos que colaboran na idea: Louvre, Carmen Thyssen de Málaga, Museo del Romanticismo de Madrid, National Gallery de Londres, etc.

 




0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir