09/11/15

CUN PAR DE OLLOS


ICH BIN KONG

Baixo este nome que significa "eu son Kong", escóndese un artista alemán, Timm Schneider, a quen podíamos definir como artista da rúa. Entre as súas intervencións destacamos:
  • a humanización de obxectos cun par de ollos - unha bola de cortiza branca cun punto negro no centro-. O proxecto denomínase They live
É curioso como este elemento tan sinxelo fai vivir os obxectos do noso redor e nos provocan o esbozo dun sorriso




EYEBOMBING

Non sei quen foi antes se Ich Bin Kong ou o movemento Eyebombing de orixe danesa e agora estendida por todas partes. Trátase dunha acción urbana consistente en pegar ollos nos obxectos que encontramos polas rúas, cun único obxectivo: humanizar o inanimado. Contrariamente a outras accións da rúa, coma os grafitti, non hai autoría, só mellorar a entorna sen destruíla, divertirse cunha mensaxe positiva e deixar voar a imaxinación.
Hai grupos de Eyebombing en Flickr, en Instagram e en Facebook, colectivos diferentes organizan xornadas de pegadas e fotografía, e, por suposto na páxina web podes mercar distintos modelos de ollos ou enviar as túas imaxes.
Unha mostra




FILTHY LUKER

É o nome do grupo formado polos ingleses Luke Egan e Pete Hamilton, coñecidos polas súas intervencións urbanas con figuras inchábeis a modo de esculturas de grande tamaño que asoman polos edificios ou aparecen nos tellados (Art Attacks)


Coa mesma técnica crearon Street Life, colocando ollos en obxectos de gran tamaño. Resulta curioso como cambia a perspectiva e a sensación provocada, neste caso parece que nos vixían



Na acción de Street Life, pintaban os ollos sobre os obxectos con diferentes expresións



Unha conclusión: hai moitas formas de creatividade e xente que, benditos sexan, nos sorprende.









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir