03/02/2016

PICASSO À TORT ET À TRAVERS



Desde outubro deste 2015 ata febreiro do 2016,  no Grand Palais de París a exposición Picasso.manía,  fai unha revisón da influencia do artista malagueño na plástica posterior, xunto con obras orixinais do artista.
Si antes -no 2009- tivera lugar unha  mostra  baixo o Título  de Picasso et les maîtres na que se mosaba a revisión que facía dos grandes mestres do pasado como Delacroix, Rembrandt ou Manet, agora a mostra fai unha viaxe inversa: de Picaso ós artistas contemporáneos dos atro continentes

Obras orixinais de Picasso dispostas moi xuntas, tal e como adoitaba dispoñelas no seu estudio

O cartel que ves arriba recolle unha fotografía realizada por Gjon Mili no 1948. El é tamén o autor das fotografías de Picasso pintando cunha pequena lámpada nunha habitación escura, uns 30 debuxos denominados Debuxos de luz.
Evidentemente que a herdanza de Picasso é visible na arte contemporánea, pero tamén é certo que a miúdo serve de pretexto, e mais que unha reinterpretación -como fixo o mesmo Picasso con Velázquez-  estamos diante dun apropiacionismo -un ismo postmodernmo- inmisericorde que deixa dúbidas sobre a orixinalidade das obras.
Artistas que o consideran un modelo, que seguen os seus estilos, as súas técnicas sobre diferentes soportes e con diferentes materiais, pois Picasso está nos fundamentos tanto do Street Art como do Bad Painting, por citar dous movementos contemporáneos renovadores
 engqadindo un punto de liberdade persoal á hora de facer a interpretación ou de cogar.
Non faltan as influencias no cine e nos videos (Rineke Dijkstra: I can see a woman crying) nin os retratos do artista, nos que non está a súa pegada artística senón a súa pegada como figura icónica da arte. Unha icona suxestiva e provocadora que ten valor per se, amen de polo que significa na Historia da arte.

Powered by emaze
Podes facer o visionado acompañado desta música






O que non teño tan claro é se isto de Lady Gaga é facer unha homenaxe a Picasso ou simplemente convertelo nunha marca de consumo con fins publicitarios, un xeito mais do marketing  e provocación que con tanto éxito utiliza -hai que recordar o vestido de carne, o de pelo ou o das Hellow Kitty-











0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir