07/06/09

HIPER-REALISMO

O Hiper-realismo trata de reproducir o máis exactamente posible a realidade, amosando todos os detalles que o ollo humano non chega a captar. Dentro desta corrente situamos a pintores españois coma Antonio López, se ben a orixe do movemento está nos Estados Unidos nos anos 60 do pasado século.
Na escultura traballan con representacións a tamaño natural que amosan unha extraordinaria aparencia de vida, incluso as figuras poden ir ataviadas con vestimentas reais, así nos presenta Duane Hanson a clase media americana.


Sen embargo a obra de Ron Mueck, artista australiano, sorprende aínda máis pola nudez das súas personaxes, nelas non hai ningún aditamento, non hai crítica, non son caricaturas, é a realidade máis sinxela do ser humano. Procedente do mundo dos efectos especiais para cine, traballa con fibra de vidro e silicona para facer esculturas que chegan a medir ata 5 metros.



Unha visión máis divertida da realidade á a obra fotográfica de Carl Warner, observa e deduce os compoñentes que configuran a paisaxe. Mira outras imaxes.






CANTEIROS DO PASADO E RESTAURACIÓNS DO PRESENTE


Os canteiros adoitaban deixar marcas para indicar a autoría do traballo, equivalía á súa sinatura. Outras opinións consideran que son o equivalente das facturas, marcando na pedra o punto do traballo realizado e cobrado.
Habitualmente tratase de signos sinxelos coma letras, números ou cruces, pero ás veces eran máis orixinais con figuras de ferramentas, instrumentos musicais, formas vexetais, obxectos diversos (como a chave de abaixo), etc.


Na Catedral de Santiago

Se a arte románica é unha arte simbólica, biblia pauperum, e os artesáns debían reflectir o mellor posible as ideas a transmitir, tiñan sen embargo un espazo no que traballar con maior liberdade, os canzorros. Os motivos son do máis diverso: seres fantásticos, animais, figuras humanas, anxos, formas vexetais ou xeométricas, e os máis curiosos, aqueles que representan escenas eróticas e obscenas.

Todo isto é sabido, pero, se visitamos algunhas catedrais e igrexas españolas encontramos cousas verdadeiramente asombrosas. Miras as imaxes:

1. Catedral de San Antolín de Palencia:
un fotógrafo nunha gárgola


2.- Catedral Nova de Salamanca, Portada de Ramos: un coello, un astronauta, un demo comendo un xelado, unha cegoña,...





3. Santa María a Maior de Trujillo (Cáceres): o escudo do Athletic de Bilbao nun capitel


4. Na Catedral de Calahorra (A Rioxa), encontramos un teléfono móbil, con data das súa execución.

E en Escocia na abadía de Paisley, encontramos un verdadeiro alien.

A mesma idea na Capela de Belén en Saint-Jean-de-Boiseau (Francia), mais aliens e gremlins



Todos estes xogos deben ter outro significado: está en relación coas restauracións. INVESTIGA




FUNDICIÓN EN BRONCE POR CERA PERDIDA

A técnica de cera perdida é unha técnica básica para elaborar esculturas en bronce de gran tamaño e non necesariamente macizas.
Mira a publicación para comprender o procedemento.




Para completar esta información mira o vídeo que segue e a páxina, en inglés, que presenta un bo esquema do proceso


>


Tamén podes descargar este arquivo elaborado poolo departamento de Xeograía e Historia do IES Arzobispo Valdés, de Salas (Asturias)


ANAMORFOSES: ¿COMO SE MIRA?


As formas anamórficas esixen un punto de vista lateral para obter a visión correcta. A perspectiva non fuga perpendicularmente cara ó fondo, pola contra está invertido, fuga diagonalmente cara adiante, cara a nos, por iso as dimensións se deforman.
Este artificio lúdico foi utilizado sen recibir  denominación propia, a de anamorfose, ata mediados do XVII por obra do alemán Gaspar Schott. A primeira  coñecida ven da man de Leonardo
Tales divertimentos que precisan un alto dominio técnico espalláronse por todas partes, ás veces para ocultar o prohibido ou facer sátira. Especial éxito tiveron en Alemaña estas adiviñas gráficas ou Cadros con secreto
Erhard Schön, discípulo de Durero, xilografía como a titulada Sal pola porta vello estúpido, 1535.  No lado esquerdo, unha escena moralizante  na que unha  moza se deixa acariciar por un vello mentres lle rouba a bolsa para darlla ó mozo que está detrais da cortina. No lado dereito tan só se ven uns trazos pouco definidos, pero cando se  mira adecuadamente  aparece unha escena de sexo explícito entre a  parella mentres expulsan o vello.


A mais recoñecida é a pintura de Holbein, Os Embaixadores, 1553

No XVII estendeuse a Francia e a España, onde contamos co curioso retrato de Carlos V na Catedral de Palencia que visto de fronte semella unha caricatura, pero ó mirar oblicuamente polo pequeno furado xurda o severo rostro do emperador.
Tamén entón apareceron as deformacións en xogos de espellos cilíndricos e cónicos que chegaron a Europa desde China a través da Ruta da Seda. A deformación anamórfica plana adquire a forma correcta ó se reflectir no espello



Ross McBride emprega este recurso nas súas tazas anamórficas e Bernard Prass para os retratos anamórficos: para captar a forma é preciso elixir o punto de vista correcto para que a acumulación de obxectos dé lugar á forma debida

O mesmo sucede con este traballo de 2002 nometro de Toronto

Os artistas de rúa  (ver entrada) e a publicidade se serven das anamorfoses, en casos con grande talento creativo

  • HONDA recorre ás ilusións ópticas e ás anamorfoses para crear unha "irreal realidad". No segundo vídoe descubrimos os trucos empregados




  • Vodafone




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir