14/08/09

Piero della Francesca

¡Un divertimento!: Javier Crahe canta a Piero della Francesca ironizando sobre as formas xeométricas



09/08/09

HUMOR EN VIÑETAS E VÍDEO






























Se Ikea fíxese Stonehenge



E moito humor en vídeos
Os Monty Python, os pais de A vida de Brian, ¿recordades?, fixeron durante anos programas de humor na BBC. Estes son algúns dos episodios






Neste caso o video non recolle completo o final: houbo alguén que non votou a favor porque non ergueu o brazo, ¿quen?, a Venus de Milo







Algo sucede no museo cando pecha .....


Os humoristas da serie Muchachada Nui fan unha serie de sketches baixo o nome de Cuadro barroco. Serve para distintos temas sobre os que dialogan ambos personaxes, podes velos en YouTube
A obra que utilizan é un anónimo flamengo do século XVII ás veces atribuído a Quentin Massys. O cadro coñécese como como Os cambista ou O recadador de impostos e o seu garante.
Esta é unha das parodias, máis relacionadas coa arte.



E unha animación do 2006 obra do director taiwanés, Goo-Shun Wanag, da Escola de Artes Visuais de Nova York, inspirada na litografía de Escher Ascendendo e descendendo (1960).
Trátase dunha figura imposible, unha ilusión óptica, na que se engaña a perspectiva, que Escher toma de Penrose matemático inglés) quen presentou a figura no 1958 xunto con outras formas imposibles.
Á esquerda a figura de Penrose e á dereita a litografía de Escher









Xa temos falado da publicidade en relación coa arte, imos ver agora como a creatividade e o divertimento se conxugan.
A web Worth1000, dedicado á fotografía, celebra moitos concursos sobre edición de imaxes, o caso que nos interesa é aquel no que pedía que a partir de obras de arte e por adición de elementos se realizaran novas posters publicitarios, é dicir trátase de tunear a obra orixinal. O resultado é realmente divertido, só vos amoso algunhas das creacións, pero podedes pasar un bo rato vendo moitas outras que se encontran pola rede.

 


Maior significación ten a contrapublicidade: unha parodia dos anuncios. Emprega as técnicas publicitarias para alterar as mensaxes. Realmente constitúe unha forma de protesta contra a sociedade de consumo polo que enlazan cos movementos antiglobalización. Existen moitas páxinas deste tipo con imaxes como estas.







10/07/09

INTERPRETACIÓNS e VARIACIÓNS

¿Qué é a arte?. Non hai acordo sobre isto nin sequera entre os especialistas do pasado, ¿recordades o rexeitamento das obras de Manet ou de van Gogh?, ou do presente: ¿os grafittis son arte?. Tampouco parece ser a beleza a definidora de obra de arte: os canons de beleza mutan co tempo e o grotesco pode ser fermoso.


Seguramente esa pregunta non ten resposta ou o planteamento está equivocado, pode resultar máis xusto preguntarse ¿cando algo é arte?


Dunha banda está a idea, a concepción, a interpretación, doutra a plasmación que é algo máis que unha boa execución, que o dominio da técnica. Pero aínda isto non sería senón a representación dun obxecto, o artista por medio da súa propia linguaxe comunica algo ao espectador que contempla e reflexiona para obter cada quen a súa visión.

A miúdo os artistas volven sobre obras anteriores e reinterprétanas, parafrasean sobre elas, destrúenas para volver a construílas ao seu xeito. Un caso de especial relevancia é o de Picasso que realizou variacións sobre moitas obras, evidentemente de autores que admiraba: Rembrandt, Velázquez, Courbet ou Poussin, son algúns deles.
E, sen dúbida, as dúas obras máis interpretadas son a Mona Lisa de Leonardo e As Meninas de Velázquez. Observa:









Son moitos os exemplos de paráfrase. Nesta presentación déixovos unha mostra que preparei como unha curiosidade.
A música é de Gabin






Neste caso, non vos dou os nomes dos artistas que se revisan, pero creo que moitas podedes acertalas. ¡Ánimo!



Esta páxina ten unha recompilación de imaxes que parodian a Úlltima Cea de Leonardo. Moitas pertencen a montaxes dos personaxes de series televisivas: Os Soprano, Os Simpson, Barrio Sésamo ou House. Outras están en relación co cine, a música, o comic,....


08/07/09

ANIMACIÓNS


Curiosa animación en 3D de Marcelo Ortiz, realizada no 2006, na que homenaxea o Guernica de Picasso, A habitación de Arlés de van Gogh, A persistencia na memoria de Dalí e a Relatividade de Escher. Sona a canción de Durán-Durán, The Chauffer.


Unha forma distinta de ver o Guernica de Picasso, en 3D, realizada pola artista alemana Lena Giseke. Música de Manuel de Falla: La nana


Nesta curtometraxe de Juan Pablo Etcheverry (Santiago de Compostela) e titulado Minotauromaquia, Pablo en el laberinto, o autor inspirándose no mito do Minotauro e na obra de Picaso, presenta a problemática da creatividade e da toma de decisións do artista (ficha na súa web). Recibiu numerosos premios e recoñecementos
A música é de Stravinsky, Pájaro de fuego




Unha mestura da obra gráfica de Picasso para rematar no Guernica. Realizada polo artista ruso Popov, con música de guitarra española de fondo.



Percorremos a historia da pintura grazas ó vídeo de Joan Gratz, gañador dun Oscar de animación en 1992, amén de outros premios. O seu título, Mona Lisa descending a starcaise, xoga con dúan obras distantes no tempo: Mona Lisa ou Gioconda de Leonardo e Nu baixando unha escaleira de Duchamp.




Unha animación sobre os espazos imposibles de Escher



Miró nunha animación da súa obra O xardín



A obra de Roy Lichtenstein, Animated Pop-Art, con música de U2, empregada como promoción da súa xira PopMarp Tour, de 1997

 
 
 
Unha visión da obra de Munch, O berro


 



O que sucede no Tapíz de Bayeux



Animación nos lenzos de Renoir, Seurat e Magritte

La Trilogie du chevalet from Sébastien Deschênes on Vimeo.

Elles, Toulouse-Lautrec


 
Mondrian e a súa evolución
 
 
 
Miguel Anxo e os seus traballos
 
 
 
Tuner emprende un novo camiño
 
 
 
 O artista ruso Alexander Petrov, emprega unha técnica moi especial para realizar cortametraxes de animación.
Sabemos que para cada segundo de animación hai que facer 24 fotogramas de debuxos, isto foi o habitual, recorda as películas clásicas de Disney. pero lhai outras fómulas: con obxectos, con figuras de plastilina, con marionetas ou de xeito dixital.
Petrov realiza cada fotograma con pintura ó óleo sobre grandes planchas de cristal, traballando basicamente cos dedos e ás veces con pinceis para os pequenos detalles. É un traballo moi laborioso, para unha película e 20 minutos precisa case 30.000 imaxes. Resulta así que o que vemos son sucesivos cadros ó óleo sobre cristal, fíxate na imaxe que segue, parece un cadro pero é un fotograma. recordan os cadros dos realistas ou dos impresionistas.


O proceso é lento e complexo. Parte dun storyboard, viñetas debuxadas a lapis, e sen cores, coas que se narra a historia. Logo pasa cada viñeta á placa de cristal, en maior tamaño, pintando con óleo, con poucas cores, como máximo seis, de modo que obtén tonalidades variando a densidade da pintura. A partir dese cadro base, vai filmando ó tempo que modifica o deseño inicial para ir producindo o movemento, é dicir destrúe e refai continuamente.
No seguinte vídeo, aínda que en ruso, podemos ver a técnica.



Basada no libro de Hemingway O vello e o mar, realizou esta curtametraxe de 20 minutos de producción canadense cuns resultados estéticos impresionantes e polo que recibiu un Oscar en 1999, amén de outros premios máis. Está realizada para proxectar en IMAX, un sistema de proxección de moi alata definición de imaxe e de grandes proporcións, pensa que a pantalla IMAX stándar mide 22 m de ancho e 16 m de alto, o espectador semella estar dentro da acción que sucede na cinta.
A curtametraxe narra a historia dun vello pescador, Santiago, que se adentra no mar para pescar esperando que a sorte, que fai moito que non o acompaña, vire. En efecto, un enorme peixe espada pica o anzó, e comeza a loita entre o vello e o peixe,......
Disfrutao aínda que non é o mesmo que velo en IMAX ou en TV.





  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir